Hoxe as nosas traiñeiriñas estiveron desputado as finais do campionato galego en Meira (Moaña). A nosa primeira embarcación en competir foi a absoluta feminina, partindo polo quinto carreiro. As nosas mantiveron toda a regata dende comezo a fin a terceira posición, con Chapela como vencedora.
O noso equipo xuvenil comezou un pouco máis lento que o local de Samertolameu, realizando a primeira ceavoga en segunda posición. Os nosos deportistas, foron capaces de recortar pouco a pouco tempo para rematar vitoriosos cunha marxe de case catro segundos.
Por último, a nosa embarcación absoluta masculina, arrancou cun ritmo moi superior ao resto de embarcacións, chegando á primeira maniobra catro segundos máis rápido que o segundo equipo. Con isto, a embarcación de Meira foise achegando pouco a pouco, chegando a virar ao par na terceira ceavoga. Con todo, a nosa embarcación rematou primeira a dous segundos dos locais.
As nosas tres embarcacións estarán presentes no campionato estatal da semana que ven na localidade pontevedresa de Bueu.
MOITOS PARABÉNS A TODXS! ORGULLO CRUCENSE!